Sempre me pareceron escusas algunhas das críticas ás casetas. A pesares de ter defectos, e moitos, a miña impresión é que non gustan.. e listo. A pregunta é, ¿por que non gustan?. Pois ben, gústanos o que vemos e coñecemos, o que nunca vimos parécenos estraño, e unha actitude habitual é o rexeite. Os cambios levan un risco que non todo o mundo quere asumir. Como di Punset nunha das súas últimas intervencións, é moi difícil que a xente cambie de opinión, é o que os neurólogos chaman “disonancia”. Polo tanto é difícil que unha sociedade que por certas cuestións culturais e históricas [das que falaremos proximamente] aprecia e valora unha arquitectura vulgar e ostentosa, afincada na pedra e as formas do pasado, sexa capaz de mudar os seus valores. Ante esta situación, a irrupción dunhas casetas sen tellado e de chapa !! [“coma os ghalpóns” diría algún] foi como un elefante nunha cacharrería.
Ante tanta crítica, pensei que podía comprobar se todo o que se dicía era certo. Comprobei que certamente, non sei exactamente como, as casetas fan un ruído moi incómodo cando sopla o vento do sur. Dende logo non estaba plantexado no proxecto, e a solución a descoñezo.
Creo que tamén é certo que existen algunhas goteiras, pero isto en cambio ten fácil solución.
E por último propúxenme comprobar o tema das vistas, posiblemente o máis polémico. Para isto decidín escoller varios puntos de vista dispersos polo frente marítimo cangués que serviran de exemplo claro de como se aprecian as casetas dende o litoral e comprobar o impacto visual real que supoñen para a relación pobo-ría. Co obxectivo de poder contabilizar de algunha maneira este impacto, vamos a valorar cada unha das imaxes segundo a seguinte escala.
1_impacto visual baixo.
2_impacto visual medio.
3_impacto visual alto.
1_impacto visual baixo.
2_impacto visual medio.
3_impacto visual alto.
00_Nesta imaxe podemos ver a situación dos puntos de vista tomados como exemplo.
01_Dende a zona do “Benidorm” ou praza das Pontes, as casetas non supoñen ningún tipo de obstáculo visual. 1-2-3
02_A seguinte imaxe está feita dende o “Muelle de Ojea”, e vemos como tapan unha pequena porción. 1-2-3
03_Nesta caso, á altura do parque da “Alameda Nova”, non supoñen practicamente nada, xa que a nave das redeiras superponse por diante. 1-2-3
04_Este punto de vista supón un exemplo paradigmático. Antes de construírse as casetas, moito antes, xa estaban feitas as outras naves do porto, que tamén tapan as vistas, sen embargo non se escoitaron voces en contra delas, ¿será porque son unha tipoloxía construtiva común e aceptada a pesares de ser un auténtico despropósito estético?. En fin, como vemos claramente, as naves das redeiras e traíñas impiden ver gran parte das casetas, polo tanto non son estas o problema. 1-2-3
05_Dende o peirao de pasaxeiros, a situación é parecida á anterior. 1-2-3
06_Esta imaxe dende o aparcamento, e comprobamos que o impacto dende aquí si que é importante. 1-2-3
07_Por último, vemos que a pesares da posición das casetas, o seu deseño con aberturas ofrece certa transparencia ou permeabilidade que permite ver partes do horizonte. 1-2-3
A perspectiva con que se ven as cousas non é solo física. Estamos falando de que a nosa mente, as nosas ideas, fan que vexamos as cousas dunha determinada maneira, afastada da obxectividade. Pero a realidade é esta, dos sete puntos de vista analizados, tan só dende dous, as casetas supoñen un impacto visual alto, que coinciden coa zona máis cercana a elas. A partires da estación de autobuses vense moi pouco, e cando pasamos as naves de "Ojea", nada. Cuestión de perspectiva.
A verdade é que eu nunca fun capaz de enterder a polémica tras elas. Gustoume moito o análise que aquí propós. A cuestión é o medo ó novo e descoñecido...
ResponderEliminarUn saúdo!
Hola !!
ResponderEliminarMoitas gracias. A clave está no que dis ao final, o novo sempre conleva unha reacción, pro estou seguro que co tempo saberán apreciar todo o positivo que aporta.
Un saúdo !!
Unha vez superado o shock inicial, creo que o maior problema é empeñarse en que non che gusta e punto. Un non pode empezar a apreciar algo se está emperrado en odialo sobre tódalas cousas.
ResponderEliminarNon estiven habendo vento, pero o certo é que o paseo xerado por un dos lados estaba cheo de xente tomando o sol, botando a tarde... pregúntome se é algo que se facía antes de esta construcción.
Hola Carabiru !!
EliminarNon podo estar mais de acordo !
Dende a construción das casetas a zona é moito mais agradable e atópase xente paseando, charlando, pescando ou simplemente estando alí... cousa que antes non pasaba. É difícil atopar unha obra no zona que modificara tanto a relación co entorno como esta...
Gracias !!