| Unha das rúas da intervención que nunca volverá a ter este aspecto. |
Durante anos, en Cangas e noutros puntos con certa historia urbana foise destruíndo sen piedade o patrimonio, vivendas mariñeiras que foron desaparecendo ou no mellor dos casos, mudando a súa imaxe case por completo. Como xa falamos nun artigo anterior, a “casa do patín” podemos considerala unha excepción cando antigamente era unha tipoloxía moi estendida. O máis curioso é que agora semella que todos estamos concienciados en que aquilo foi unha lástima, un auténtico delito, e coincidimos en non volver a facelo...pois non !! Debe ser certo iso de que somos o único animal que tropeza dúas veces coa mesma pedra.







