6 ene 2011

Departamentos de pescadores en Cangas_Irisarri & Piñera



autor_Irisarri & Piñera
situación_porto de Cangas
ano_2007
coste total_1.200.000 €
premios_
_gañadora Premio FAD "Ciudad y Paisaje" 2008
_gañadora do Premio Ateg de Galvanización en Construcción 2008
_finalista Premios Enor de Arquitectura 2009
_mención de honor Premio Europeo do Espacio Público Urbán 2010
_representante galega no Festival de Arquitectura eme3 2010
_finalista X Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (BEAU)






O proxecto xorde en 2003 por iniciativa de Portos de Galicia que promove a construcción de 42 casetas para pescadores no porto de Cangas. Este organismo encárgalle o proxecto o estudio formado por Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera. As obras non dan comezo ata o 2005, e dous anos máis tarde, no 2007, rematan definitivamente.


O proxecto foi conflictivo e dificil dende o mesmo encargo, xa que a construcción dun equipamento deste tipo nese lugar concreto cerraría visualmente ó pobo da boca da ría. Polo tanto a estratexia que adoptou o estudio de Irisarri + Piñera foi intentar conseguir reducir ese impacto facendo ó edificio permeable visualmente, como eles mismos din "trátase de desvelar       a paisaxe máis que tapala". Para isto reparten o programa en grupos de 3 e 4 módulos organizados de tal maneira que deixan ocos entre eles e permiten a comunicación visual entre un lado e outro. O mesmo tempo logran obter unha imaxe unitaria ó envolvelo cunha malla metálica.
Por outro lado, decidiron facer unha estructura modular feita en taller e montaxe in situ para   non interferir no funcionamento do peirao. Trátase dunha estructura tubular de aceiro revestida exteriormente con planchas de aceiro galvanizado. Esta materialidade consegue recordar a unha estética de contruccións navais e containers típica da industria naval, moi apropiada tendo en conta o contexto e funcionalidade da obra.
Asi mesmo, o máis interesante está na cualidade urbán do edificio. Os arquitectos conseguen ir máis alá do obxeto repercutindo no uso da intervención por parte do pobo. Non só construen unhas casetas para os mariñeiros, senon que chegan a construir un equipamento urbán para disfrutalo todos. O lugar mellorou considerablemente. Son casetas e son paseo, son un mirador e son unha grada para as regatas, son unha escultura e son un parque. O arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota dicía que a xente hai que darlle "liebre por gato", e iso é precisamente o que fan Irisarri & Piñera neste proxecto, moito máis do que se pedía.

Pero como case sempre, non chove a gusto de todos. A pesar de gozar do respeto e admiración do mundo da arquitectura, esta obra coleccionista de premios (de moito prestixio algún deles), non consegue seducir á sociedade de a pé. Algúns argumentan que non son cómodas para o traballo, outros que fan un ruido insoportable cando da o vento e outros que tapan ás vistas. No que se refire a esto último, ter en conta que a culpa sería do que manda facer iso ahí, non dos arquitectos que intentan paliala situación.  Son factores relevantes que fan entendibles ás críticas, pero no fondo, o que realmente pasa é que o pobo reacciona como un corpo que se crava un pincho e o rexeita. É algo estraño, á xente gústalle o que ve, e esta é unha arquitectura que non se acostuma ver. Posiblemente se en lugar de ser formalmente de xeometrías puras, tivera un bonito tellado a dúas augas, e en lugar de ser metálicas foran de pedra "como dios manda" ninguén diría nada. ¿ Donde estaba esa xente cando fixeron as desafortunadas (por ser educado) naves de redeiras ou das traineras xusto enfrente, ou a máis reciente e lamentable (por deixar de ser educado) lonxa ? ¿acaso non tapan as vistas? ¿aportan algo máis? pero como teñen tellado ou son de pedra... non pasa nada.

En definitiva, creo que se trata dunha obra realmente boa, o referente da arquitectura contemporánea do Morrazo, que como moitas obras de referencia (non só de arquitectura) nun primer momento despertan certo recelo na sociedade. 
En cada momento histórico construíase acorde coa mentalidade, tecnoloxía e materiales dese momento, é dicir, de acordo o seu tempo. Nós, no século XXI non podemos seguir facendo a arquitectura de fai cen anos. Espero que dalgunha maneira este artículo sirva para que alguén intente mirar este tipo de arquitectura de outra forma máis contemporánea e sen prexuicios.








O pavimento da zona de paseo é, por un lado formigón con cunchas marinas, e por outro tarima de madeira.


O vínculo entre a malla metálica e os instrumentos de pesca faise evidente na seguinte imaxe.



Ademáis de un obxeto precioso, a intervención é moi apetecible para disfrutar o lugar. É moi habitual ver a xente paseando ou descubrindo estes pequenos voladizos cara o mar.






En lugar de facer un edificio masivo e único que actuara como unha barreira visual, os arquitectos decidiron fragmentar en módulos toda a actuación para conseguir abrir ocos por onde permitir distintas perspectivas, enmarcando así a paisaxe. 


As tres imaxes seguintes describen a secuencia de acercamento a un dos pasos que comunica a zona portuaria de abaixo coa de ocio de arriba, e como vamos descubrindo a paisaxe.








A estructura está feita a base de perfís tubulares de aceiro. Posteriomerte esta estructura queda oculta baixo os paneis de aceiro galvanizado.





Cada mariñeiro conta cun módulo en dous alturas e comparte un espacio exterior de traballo con 2 ou 3 compañeiros cos que forma un grupo.


Nesta sección vese a relación entre as dúas zonas funcionalmente distintas, unha adicada ó ocio e outra ó traballo. O paseo e o peirao pesqueiro.




























Finalmente deixo uns enlaces a uns vídeos moi interesantes sobre esta obra. O primero é dos propios arquitectos falando sobre ela, e o segundo a valoración dun profesional.



                

3 comentarios:

  1. Vaya fotazos, se nota que se debieron hacer con una buena cámara. Aunque lo que más me gusta es la modelo cachonda sentada en las tablas del muelle.

    Iria Santomé.

    ResponderEliminar
  2. A mi también, mira que está buena !! jai jai

    Gracias por la camara !!

    ResponderEliminar
  3. I admire people who keep sharing valuable stories through great writing. I'm glad to have read this blog. Thanks and hope to read more soon. net worth list

    ResponderEliminar