autor_Ramón Vázquez Molezún
situación_praia de Beluso (Bueu)
ano_1967-1969
premios
_seleccionada para a exposición "Los brillantes 50: 35 proyectos". Madrid.
premios
_seleccionada para a exposición "Los brillantes 50: 35 proyectos". Madrid.
Trátase dunha obra para sí mesmo dun dos maiores talentos da arquitectura moderna española, Ramón Vázquez Molezún (Medalla de Oro de la Arquitectura, 1992). Arquitecto coruñés que disfrutaba de largas tempadas de vacacións en Beluso neste pequeno refuxio.
A casa levántase sobre os antigos muros dun alxibe e outras construccións adxetivas dá fábrica de salazón de A Roiba, situada apenas a uns metros. A planta baixa constrúese respetando parte dos muros de granito, case como unha continuación das rocas sobre as que se asenta. Esta planta anégase coa marea chea, así a porta de acceso deixa entrar e sair o auga xa que o uso como almacén de embarcacións o permite. Nos apenas 70m2 da planta primeira organiza todas as estancias da vivenda, así conta con dous dormitorios, cociña, baños, zona de estar e terraza. Finalmente, despois de algunha modificación, na planta alta encontramos outro dormitorio e terraza. O interior está cheo de inxeniosos inventos do propio Molezún para aproveitar o máximo a reducida superficie.
A linguaxe desta vivenda é absolutamente moderno, entendendo por modernidade aquel xeito de facer arquitectura a principios e mediados do século pasado inaugurado polos Le Corbusier, Mies, Gropius e compañía. Sen embargo, non desentona no lugar e a integración é total nun entorno tradicional como este. A posterior ampliación da vivenda na última planta cunha cuberta a un auga e cubrición con tella do país, singulariza a imaxe facéndolle un guiño á arquitectura tradicional e sen perder un ápice de modernidade.
O deseño da vivenda respecto á orientación é o ideal tendo en conta as concicións do lugar. Cérrase ó frío do norte por medio de muros case cegos, situando nesta cara os usos de limpeza e aseo. Abre a casa ó sur, e sitúa a zona de estar e a terraza protexida do sol por un toldo. Ó este abre unha larga fiestra corrida que enmarca a paixase máis interesante. Finalmente ó oeste dispón a entrada ligada ó camiño.
Exemplos de arquitectura como este fan pensar acerca da idoneidade de construir en lugares de especial interese paisaxístico. En xeral e sen dúbida diría que o mellor é non construir respetando ó maximo o entorno natural, pero dende logo esta peza aporta algo máis, quizais o lugar é mellor dende que se construiu este refuxio. Pero dende logo esta é unha excepción , é moi difícil mellorar a beleza da natureza. Exemplos cercanos, para ben e para mal respectivamente son a Torre de Hércules en A Coruña, e o edificio na illa de Toralla. Os dous encóntranse en enclaves naturais de valor, pero mentras o primeiro encaixa perfectamente a nivel de escala e materiais, o segundo desentona neses mesmos conceptos, converténdose deste xeito nun obxeto estrano e incómodo.
O estado actual da vivenda non é o desexado, o ambiente marino foi curtindo a súa pel, pero está habitada, polo tanto segue viva e mantén a esencia que a converte nun referente da arquitectura doméstica galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario