autor_Irisarri & Piñera
situación_porto de Domaio (Moaña)
ano_1998-2000
premios_
_preseleccionado ó Premio Europeo Mies van der Rohe 2001
"Parese un sentro de salú". É unha frase moi habitual na xente en Galicia para valorar segundo o seu criterio unha vivenda de arquitectura contemporánea. Durante moitos anos e ata fai pouco, non era frecuente toparse no territorio galego construccións con criterios actuais ou "modernos", e os escasos exemplos eran a menudo centros de saúde, polo que a xente relacionaba directamente este tipo de arquitectura de formas sinxelas, grandes panos de vidro, moitas veces con cuberta plana e liberada de ornamentación con estes edificios sanitarios. Non alcanzan a entender como unha casa non ten a forma de casa de toda a vida, a forma de casa que todos debuxabamos de cativos, cunha cuberta a dúas augas, chimenea e fiestras cadradas. Todo isto ten unha razón lóxica. O SERGAS (servicio galego de saúde), dende fai anos promove concursos de ideas caracterizados por unha a liña arquitectónica contemporánea. Esta iniciativa tivo gratas consecuencias no panorama arquitectónico galego xa que fomentou a realización de edificios de calidade moi superior á media. Así, para moita xente calquera cousa "rara" é un centro de saúde, xa que é o únino referente da outra arquitectura que coñecen. Pouco a pouco vai sendo máis normal ver boa arquitectura en Galicia, pouco a pouco.
Dito isto, invítovos a coñecer o único exemplo de edificio sanitario de interese no Morrazo. Este pequeno ambulatorio está situado no porto da parroquia moañesa de Domaio. Os autores son os arquitectos Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera, autores tamén dos xa vistos noutra entrada, departamentos de pescadores de Cangas, entre outros.
Edificio sinxelo e correcto, sen grandes alardes, que se resolve con dous xestos fundamentais. O primeiro é levantar o edificio do chan e coller unha cota superior á do muelle para así percibir ás vistas á ría sen obstáculos. Todo o que acontece no porto queda por debaixo da línea visual dende o interior do edificio. Esta elevación con respecto ó terreo propicia un espacio debaixo como aparcamento cuberto para o persoal, e os accesos por distintas cotas enriquece a relación do edificio co entorno, pasarelas e rampas resolven os distintos cambios de nivel. O seguinte xesto é fraccionar o programa e dous pezas funcionalmente distintas. O volumen de consultas e o de salas de espera. O primero, máis baixo e opaco, con poucas aberturas está revestido con paneis de madeira. O segundo, máis alto e transparente, é unha caixa de vidro, e está volcado ás vistas dá ría de Vigo. Unha pequena visera de lamas de madeira protexe do quentamento interior excesivo por acción do raios do sur.
Arquitectura racional e lóxica que trata de explotar ó máximo as condicións do lugar cun lenguaxe actual.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarHay que ver cuanto aprendemos este blog
ResponderEliminar