Este é o primeiro dunha serie de capítulos acerca do casco vello cangués e que servirá de aproximación e contextualización histórica e urbán.
Trátase dun núcleo histórico de gran interese que durante moitos anos foi sufrindo continuos atentados que deixaron graves feridas no seu rostro, moitas delas incurables. Como caso paradigmático falar da Capela do Hospital, que foi desmontada e desprazada literalmente para levantar, no seu sitio durante séculos, un edificio vulgar promovido pola antiga Caixa de Aforros de Vigo ¡¡ entidade pública !!.
Hoxe en día consérvase a estrutura urbán pero moitas das pezas do puzzle desvirtúan o conxunto, e dende logo réstanlle valor a un casco vello que podería ser comparable ós máis interesantes núcleos mariñeiros de Galicia como Muros ou Combarro.
Confórmase fundamentalmente por dous barrios: o Señal e o Costal. O primeiro ocupa a zona leste comprendida entre a rúa Real e o Cristo do Señal (a pedra do Señal, actual escultura frente ós "muelles de Ojea", tamén é tomada como referencia). O segundo exténdese dende a rúa Real ata o Cristo de Síngulis. Estes dous barrios posúen cada un deles un espacio público característico, trátase das prazas q levan o mesmo nome e que podemos localizar no plano anterior.
O antigo límite co mar, a liña de costa, non ten nada que ver coa actual. Dende principios do século pasado vense facendo recheos para gañar espacio, ven sea por motivos pesqueiros ou de ocio. Polo tanto a forma urbán foise modificando. Na seguinte imaxe móstrase como puido ser aproximadamente a relación orixinal de Cangas co mar, moito máis directa, ata o punto de que a auga chegaba á porta das casas.
Barrio do Señal:
Barrio do Costal:
Orixes:
Ata o século XV, Cangas non era máis que un pequeno asentamento de poucas casas ligadas ó areal. Nun momento dado a pesca sofre un auxe importante e este pequeno conxunto de vivendas convértese nun núcleo consolidado a metades do s.XVI, gracias á xente que deixa as aldeas e marcha a vivir ó porto. De feito, ata ese momento Darbo era a entidade de poboación máis importante da zona e Cangas pertencía á súa xurisdicción.
O crecemento de Cangas como núcleo de poboación foi tal que, en relativamente poucos anos [menos dun século], pasou de non dispoñer sequera dunha pequena igrexa para oficiar a misa a converterse en parroquia independente de Darbo e ter unha igrexa co rango de Colexiata no ano 1542.
Gracias a documentos eclesiásticos sabemos que naquel momento había máis de 800 personas vivindo nas humildes casas de Cangas, era xa a capital xurisdicional do Morrazo e o seu porto era un dos máis importantes de Galicia. Debemos ter en conta que pola súa peculiar situación xeográfica, case no extremo dunha pequena península, tratábase dun pobo totalmente alexado de calquer vía de comunicación e comercio terrestre, polo que o mar era absolutamente fundamental, e o porto de Cangas converteuse en referencia para a zona.
Para finalizar, no seguinte plano vemos como era Cangas en 1545, nel apreciamos unha estrutura de pobo consolidada, con evidentes características da época, rúas estreitas de trazado orgánico que se adaptan o relieve do terreo. O crecemento natural é a base de adición de casas medianeiras que van conformando un núcleo compacto, ó que se accede fundamentalmente por tres portas que establecen ós límites do núcleo: porta de Síngulis, no barrio do Costal, porta da chamada rúa da Calzada, actual rúa Real, e a porta do Sol, no barrio do Señal. Nesta imaxe tamén podemos situar as dúas arquitecturas máis representativas da época, a famosa Colexiata e o Hospital, institución dependente da Igrexa que daba acollida ós pobres e que se converteu nun elemento emblemático do pobo.
Anos máis tarde, en 1617, un ataque pirata frearía en seco o desenrolo da vila e marcaría o futuro para sempre...

Moi interesante, gracias por compartilo.
ResponderEliminarTodo encaixa. A porta de Síngulis para subir polo camiño vello a Darbo, a Porta da rúa Real para ir a San Pedro, Coiro, Hermelo...
Pero a porta do Sol? conduciría a unha zona de brañas e dunas supoño. Para ir a Moaña eu iría polos muiños, por Coiro, Ameixoada e San Martiño. Sabes se existían máis aldeas pegadas á costa daquela?
Un saudo
Moitas gracias a ti polo comentario.
ResponderEliminarÉ certo que a zona máis próxima á porta do Sol era unha zona pantanosa e pouco apetecible, pero onde parece que realmente se dirixía ese camiño era a Tirán, daquela freguesía pertencente á xurisdicción de Cangas.
Un saúdo !!