situación_Cangas
ano_1984-1995
premios_
_seleccionada na IV Bienal de Arquitectura Española
Como liña de infantería nunha batalla, ou irmán maior nunha familia numerosa, a Casa do Concello de Cangas tivo que loitar contra as críticas dende a difícil situación de ser a primeira. Parece mentira, pero ata o ano en que se levantou o actual edificio do Concello, ben entrada a década dos 90, non existían construcións modernas de calidade na comarca, salvo pequenas excepcións, como o refuxio de A Roiba, sen apenas impacto na sociedade morracense.
Por todas estas razóns, esta obra transcende o valor propio como edificio ata converterse nun símbolo dunha arquitectura nova nun lugar periférico. Incomprendido por moitos e valorado por uns poucos, segue aí para quen estea disposto a darlle unha segunda oportunidade.
Noguerol e Diez, pensaron unha resposta a un problema dos anos oitenta, a un programa de necesidades concreto onde a mellor solución apostaba por facer un edificio dentro de outro maior. No pequeno estarían as oficinas de correos, os xulgados, a oficina de emprego e a policía, e no grande o concello. A obra estancouse, e quedou durante anos esquecida, unha estrutura de formigón insinuaba a forma exterior que xa non variaría, mentres si o faría o programa, que houbo que adaptar ás novas necesidades e provocou conseguintes modificacións.
Trátase dunha obra sen concesións formais, (só un pequeno balcón de aceiro cortén rompe a homoxeneidade exterior) moi sobria, onde a complexidade desenrólase nun rico interior, e os espacios ofrecen diversidade de alturas e ambientes. O máis interesante está en ascender ata a ultima planta por esa zona a triple altura, que moita xente considera superficie perdida pero que en realidade aspira a gañar espacio. Non busquemos máis alá do obxeto, esta obra céntrase en si mesma, e faino en cada detalle.
Fun en agosto por ahí, pero como estabades en festas ó final non me pasei polo concello.
ResponderEliminarFíxenlle, iso sí, unhas cantas fotos ós departamentos de pescadores de Irisarri e Piñera e ¿á casa da cultura? de Portela.
Terei que volver.
Q tal Carabiru !! mellor sería q sacaras ti as fotos !! por certo as casetas prestanse bastante, na casa da cultura non se t perde nada...d nada. Un abrazo !!
ResponderEliminar