Os vindeiros Venres 13 e Sábado 14 teremos a oportunidade de participar nas primeiras Xornadas de Mobilidade e Territorio do Morrazo, que terán lugar no Auditorio Municipal de Cangas. [ enlace a páxina das xornadas ]
Pareceume interesante contextualizar a situación en relación a mobilidade que vivimos no Morrazo antes do comezo das xornadas, para animar á cidadanía a participar sabendo certas cuestións clave:
A nosa comarca é unha terra de grandes singularidades que converte as nosas formas de relación e comunicación en algo especiais. Unhas son xerais, compartidas co resto de Galicia, e outras específicas de O Morrazo. Estas singularidades non sempre son negativas para a mobilidade, ou polo menos, como no caso do transporte marítimo, poden converterse nun elemento positivo. Principais singularidades:
1_Dispersión da poboación: a humanización do noso territorio é total, as vivendas en Galicia espállanse creando un continuo habitado, sobre todo nas Rías Baixas. As comunicacións nun hábitat tan disperso fanse complexas, xa que para calquera desplazamento é preciso o uso do automóbil. Noutras realidades onde a poboación concéntrase en evidentes núcleos illados esta problemática non existe, xa que de forma peonil poden realizar a maioría de funcións diarias (ir ao mercado, visitar o médico, mercar o periódico, tomar un café...).
Distribución da poboación entre dous núcleos de Castilla; entre Mucientes e Cigales non hai nada, os asentamentos son moi evidentes e a poboación está concentrada. |
2_Condición de península: condición que de algunha maneira independízate ou íllate do resto. Ningunha gran vía de comunicación vehicular ou ferroviaria atravesa O Morrazo , dende a antigüidade arrastramos un déficit importante, pensemos que se alguén pisa a nosa comarca é porque intencionadamente quería pisala, nunca estás de paso a outro lugar.
Como vemos, a autopista, a nacional e o tren pasan tanxente á península. |
3_Orografía complexa: non encontramos ningunha gran montaña pero si innumerables pequenas elevacións que dificultan e encarecen o trazado de vías “cómodas”. Pensemos no corredor, un pequeno tramo de dous carrís e 15Qm de lonxitude que custou 440 millóns de euros !!
4_Transporte de ría: trátase dun excelente medio que nos une dunha forma rápida e eficaz (no mar non hai atascos) coa urbe máis importante de Galicia. Despreciar esta vía de comunicación sería absurdo.
Atendendo a esta situación e, por suposto á sustentabilidade (tan de actualidade nestes intres), tres arquitectos moañeses afrontan a mobilidade como un problema ao que lle dar unha resposta alternativa e real dende tres puntos de vista distintos. De feito, veñen organizando encontros nos que explican as ideas básicas das súas propostas, independentes pero complementarias. Así, vamos a expoñelas brevemente:
“A costa como vía horizontal”_Juan Fernández Rivas:
Planea e aposta por unha vía de comunicación ligada a costa dende Meira ata Aldán. Destaca o feito de que a maior parte do percorrido é horizontal, sen grandes pendentes, ideal para andar e ir en bicicleta. Por suposto o coche estaría excluído nesta proposta de 20Qm de lonxitude dos que a meirande parte xa están realizados. Fala tamén da posibilidade de situar unha estación intermodal nas proximidades de Rodeira ligada coa conexión ao corredor. http://www.youtube.com/watch?v=f7EGfuWXs64
“Transporte colectivo no Morrazo”_Martiño Barreiro:
Fai un estudio ou simulación interesante de como podería funcionar un “sistema de sistemas” de transporte no Morrazo, englobando varios medios como o autobús (cun sistema GPS que sincronice os semáforos para dar prioridade ao transporte público) e o barco nun único billete.http://www.youtube.com/watch?v=PiHGLgCv-KI
“Mobilidade sen coches”_Rodrigo Currás:
Aposta claramente polo transporte público colectivo fronte ao uso do coche de forma individual, o barco, o autobús e o tranvía deberían ter máis protagonismo. Fomenta o uso das bicicletas facilitando as subidas de fortes pendentes mediante sistemas mecánicos.
Das tres propostas podemos extraer a columna vertebral e denominador común a todas elas, que a modo de pequeno guión sería o seguinte:
-Aproveitamento das infraestruturas existentes.
-Fomento do transporte público colectivo.
-Uso da bici como medio de transporte individual.
-Non ao uso indiscriminado do coche.
Dende aquí darlle as gracias a organización por esta iniciativa e animar a xente a particapar para que os resultados e conclusións sexan contrastados e, polo tanto, poidan ser mellores.
Noraboa por esta iniciativa. Cousas como estas fan avanzar o pobo, e hai que seguir difundindo isto e facer presión diante dos cargos públicos...
ResponderEliminarUn saúdo.
Tes toda a razón, tanto este como moitos outros temas son cuestións clave nas que os veciños temos moito que decir. Martín Barreiro e toda a xente que está con el nestas iniciativas están a facer unha labor exemplar.
ResponderEliminarMoitas gracias e un saúdo.