17 abr 2012

A Fonte Garrida e a perda de Patrimonio

Unha das rúas da intervención que nunca volverá a ter este aspecto.

Durante anos, en Cangas e noutros puntos con certa historia urbana foise destruíndo sen piedade o patrimonio, vivendas mariñeiras que foron desaparecendo ou no mellor dos casos, mudando a súa imaxe case por completo. Como xa falamos nun artigo anterior, a “casa do patín” podemos considerala unha excepción cando antigamente era unha tipoloxía moi estendida. O máis curioso é que agora semella que todos estamos concienciados en que aquilo foi unha lástima, un auténtico delito, e coincidimos en non volver a facelo...pois non !! Debe ser certo iso de que somos o único animal que tropeza dúas veces coa mesma pedra.


Agora o turno é do chan. Fai un par de semanas que comezaron as obras de mellora da rúa Fonte Garrida, en pleno casco vello cangués. Un dos escasos exemplos que ata o momento aguantaran os brutais ataques dos insensibles, unha rúa cun pavimento extraordinario de grandes pezas de pedra, irregulares e mal asentadas pero de fácil solución e ante todo únicas. Fronte a isto, en lugar de levantar e volver a asentar correctamente o mesmo pavimento, retiran case todo e o substitúen por pedra nova de espesura moi inferior e por suposto peor calidade.

Vemos algunha pedra nova frente a unha pequena parte
da vella que  se reulilizará, iso sí, previamente seccionada.

Algunhas das pezas retiradas. Fixémonos na gran espesura, incomparable.

Os argumentos semellan apoiarse en que a cidadanía reclama un pavimento máis seguro, gustaríame saber que opina a xente. De calquera modo, o pavimento antigo pode ser reparado e facelo apto para usalo sen perigo, facendo unha nova base de apoio.

¡¡ O pavimento tamén é patrimonio !! Isto vai ter graves consecuencias e vámonos arrepentir nun corto prazo de tempo. Por un lado, as consecuencias funcionais dun pavimento de menor calidade, que como xa estamos a comprobar noutros puntos do concello onde se fixo a mesma operación, rompe con moitísima facilidade (véxase a praza do Señal ou a rúa Manuel Graña). E por outro, a consecuencia irreparable da perda do patrimonio do lugar, a historia do pobo estaba nesas pedras. Unhas pedras belísimas. Dende logo, que difícil é crear e que fácil destruír.

Isto non é de agora, de feito o antigo pavimento das rúas de Cangas foise substituíndo por outro xa fai anos, a diferencia é que a conciencia actual é outra con respecto ao patrimonio histórico. Ou polo menos é o que pensaba...

A canle que leva a auga da fonte ata o mar, e a rúa levantada.


A Fonte dende abaixo.


Base de mortero para apoio do novo pavimento.


No hay comentarios:

Publicar un comentario