Nun tempo onde os peóns están a
recuperalo protagonismo perdido en prol dos coches, na Costa da Vela, declarado
“Lugar de Interés Comunitario” dentro da Red Natura 2000, paraxe dunha gran
beleza paisaxística e ambiental, danlle prioridade o vehículo!! Días atrás
levaron a cabo unha intervención que delimita mediante uns elementos verticais
de madeira unidos por unha corda un pequeno camiño de apenas metro e medio de
ancho para peóns. Poden vendelo de moitas formas, entre elas a versión oficial
conta que a finalidade é protexer as persoas do elevado tránsito no verán, pero
a realidade é que relega as peóns a un estreito camiño contra o cantil, cando
ata o de agora podíase transitar a pé de maneira cómoda e tranquila por todo o
ancho da vía. O absurdo é tal, que se nos atopamos con outros camiñantes de fronte
temos que situarnos en ringleira se queremos pasar.
Trazado do camiño con estacas. Apenas 1250 m. |
Nun entorno como este de mar e
montaña, posiblemente o máis fermoso da comarca, o absoluto protagonista é a
natureza que pode ser disfrutada polas persoas, o coche debe ser un actor
secundario totalmente relegado, practicamente inexistente, invisible. De esta
forma o que procedería é restrinxir o uso do coche en todo o ámbito das pistas
de terra, e que as persoas poidan gozar na natureza libremente sen ter que
sufrir o ruído, molestias e contaminación dos vehículos. Imaxinemos por un momento que en toda esa
pequena península non nos atopemos máis que persoas andando ou en bici, paseando
ao can ou pasando un día en familia relaxados
porque os nenos poden xogar sen perigo, disfrutando do entorno sen
apreciar por ningún lado a pegada humana.
Aquí vemos como do ancho total do camiño as persoas ocupan ese lamentable espacio. |
En definitiva, semella que agora hai
que buscar unha solución a un problema que non existía, unha situación que
empeora a situación anterior. Podían convivir coches e peóns nunha pista de
ancho considerable e que facía agradable o camiño, en lugar de ter que ir entre
estacas e un cantil de desniveis considerables. Por non falar do absurdo do
límite onde cesan as estacas, un punto intermedio entre a “caracola” e os faros
de Cabo Home, se son necesarias serano para todo o percorrido, digo eu. De
todas formas, o ideal sen dúbida sería o falado con anterioridade, que o
tráfico rodado estivese restrinxido, pero se isto para algúns é unha utopía
(para min dende logo non o é) a mellor solución é a de antes con un só sentido
de circulación de coches.
Trazado proposto para tráfico rodado. Hai outras posibilidades que veremos proximamente. |
A sociedade debe concienciarse de
que xa devastamos suficientemente os paraxes naturais e que debemos conservar todo
o posible os que nos quedan, para que as próximas xeracións poidan chegar a
ver, en pequenos fotogramas illados polo menos, o territorio en estado natural.
Vemos comos esta intervención relega ao peón a un estreito sendero pegado ao cantil. |
Horripílame...
ResponderEliminar