"A Roiba", o pequeno refuxio que construíu Molezún nos anos 60 en Beluso, (preme no enlace para ver publicación antiga no blog), e que co paso dos anos convertíuse nunha pequena xoia da arquitectura contemporánea, necesita axuda. Debido aos cambios levados a cabo no litoral (construcción do peirao), as ondas baten contra a casa e están a causar danos importantes na estrutura, que fan urxente unha reparación. Desta forma un grupo de xente promove unha iniciativa de "crowdfunding" ou financiación colectiva para afrontar os primeiros traballos que permitan que este fermoso refuxio siga vivo.
Xa queda pouco para que remate o prazo, polo que se queres colaborar, podes facelo dende aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario