22 dic 2010

Massó: Proxecto Foster

Seguindo co tema da primeira entrada do blog, imos dar algunhas pinceladas acerca do futuro incerto das instalacións de Massó en Cangas. Tanto en internet como na prensa ou na rúa, podemos encontrar cantidade de opinións sobre o tema, moitas delas interesadas, dun lado e doutro. É dicir, un lado defende a intervención privada especulativa argumentando que repercutirá positivamente na economía do pobo, e outro di que a intervención está destinada a uns poucos adiñeirados allea ós intereses dos cangueses, ademáis de repercutir ás obras do porto deportivo na pesca da zona.

Neste punto a min gustaríame aportar unha opinión intermedia e todo o obxetiva que poida, alexada de intereses partidistas e con clara perspectiva arquitectónca. O deterioro cada vez é maior, polo que a intervención faise necesaria para manter en pé as principais edificacións. Algo hai que facer se non queremos que se perdan. O ideal sería que a administración pública interviñese para acondicionar as fincas como parques públicos e a fábrica e demais edificios como diferentes colectores de actividades para o pobo onde habría espacio tamén para pequenos comerciantes. Falamos de crear espacios culturais (cines, salas de teatro, lugares de ensaio, biblioteca, etc..) deportivos (campos de fútbol, baloncesto, tenis, etc...) sociais, etc... 

Pero o problema está en que non hai cartos públicos para subvencionar tal inversión, e non olvidemos tamén que a finca é propiedade privada. Desta maneira a única solución posible parece estar na entrada do capital privado, pero iso sí, moi restrinxido, posto que o único que lles interesa é o beneficio económico propio, lóxicamente. Massó non debe ser un "pelotazo" inmobiliario, debe dar os beneficios suficientes para restaurar os edificios e a contorna e ser rendible. 


Aquí entra a debate o "Proxecto Foster" para Massó. Norman Foster é un dos arquitectos máis prestixiosos e famosos do mundo, con obras en absolutamente todo o planeta cun estudio multidisciplinar de profesionais xigantesco. É o autor  de obras tan coñecidas como o aeroporto de Stansted en Londres, a torre Collserola de Barcelona, a Reichstag de Berlín, novo estadio de Wembley, e un largo etcétera interminable. Ademáis é premio Pritzker (maior galardón no mundo da arquitectura), premio Príncipe de Asturias das Artes, e cabaleiro da corte británica. Sobre todo é indudable a sua capacidade arquitectónica. Agora ben, todo isto non lle otorga inmunidade ás críticas e liberdade para facer calquera cousa. Posiblemente o feito de contratar a Foster foi unha estratexia da empresa constructora para convencer á opinión pública e políticos, argumentando que un proxecto de Foster convertirase nunha referencia en Galicia e funcionará como polo de atracción de innumerables turistas (como o famoso caso Guggenheim de Bilbao, pero que non sempre funciona). Polo tanto, que o faga Foster está ben, moi ben, pero respentando a edificabilidade que se propoña, cedendo espacios públicos e sen crear un burbuxa elitista no territorio. A finca de Massó debe poder ser disfrutada polo pobo, debe ter un carácter eminentemente público o mismo tempo que se lle saca certa rendibilidade económica que faga posible esta actuación. En resumo, a chave está en encontrar un equilibrio entre as pretensións económicas de uns e os obxetivos non intervencionistas de outros, mantendo sempre unha calidade arquitectónica e paisaxística alta que se integre correctamente na estructura urbanística dun pobo como este.


No hay comentarios:

Publicar un comentario