21 dic 2010

Complexo Industrial Massó















A familia Massó, de orixe catalán, instalouse en Galicia con anterioridade á construcción desta fábrica en Cangas. Anos antes tiñan construido outras en distintos emprazamentos, como a de Bueu que inaugúrase en 1926, e moitísimo antes fora fundada, en 1816, a Sociedade Massó.


“Un proxecto do seu tempo”
Desta maneira, en 1935, o enxeñeiro e familiar dos Massó, Tomás Bolíbar Sequeiros asesorado polo arquitecto Jacobo Esténs Romero, proxecta o edificio principal da fábrica. Trátase de un deseño moi ligado a experiencias arquitectónicas europeas de principios do século XX, ó Art Nouveau, con xestos formais de Hoffmann e o palacio Stoclet clarísimos. Se logramos contextualizarmos no Cangas da época, conformada por arquitectura tradicional mariñeira, fantástica, pero moi alexada das innovacións e propostas arquitectónicas de vanguardia, farémonos unha idea do que supoñía estéticamente este proxecto. Trátase dunha ruptura coa maneira de entender, en un tempo e lugar concreto, a arquitectura.
Hai certas diferencias entre o proxecto orixinal e a obra construida. A que máis chama a atención está na torre, moito máis alta na proposta do 35 que a que finalmente se fixo.
En setembro de 1937 comeza a construcción, e termínase en xullo de 1941, o mestre de obra fui David Pazos Portela e o constructor José Rodríguez Carril.

“Máis alá da fábrica; un complexo industrial”
Cando nos referimos á Fábrica Massó de Cangas, sería máis correcto fablar de complexo industrial, xa que era moito máis que o edificio principal. Contaba con fábrica de salazón, baleeira (unha das tres que había en Galicia), almacéns, vivendas para traballadores, instalacións deportivas, hotel, economato, guardería infantil (o que nos da idea do bo síntoma de interés polo traballador), varaderos, peiraos, etc…
A empresa chamaba a esta fábrica “Superfactoría”, e contaba con outras satélite en Bueu, Barbate e Avilés. Para ser conscientes da dimensión económica e social tan brutal que un día tivo, basta coñecer certos datos: foi a fábrica conserveira máis grande de Europa, proporcionou empleo directo a máis de 1.500 personas, o complexo tiña unha superficie total de 180.000 m2, galardoada por parte do goberno co recoñecemento de “Empresa Exemplar” en 1943 e “Modelo de Seguridade Social” en 1959.

“Do máximo apoxeo e modernización á crise e retraso tecnolóxico”
No seu momento a empresa podía presumir de posuír os máximos avances no que se refire a maquinaria relacionada coa conserva, o que sin duda influíu moi positivamente no bo funcionamento da misma durante tantos anos. Pero en certo momento as cousas cambiaron, seguramente por múltiples factores, pero posiblemente o non saber modernizarse e o retraso tecnolóxico acompañou á familia nos anos 80.
Hoxe en día o conxunto está absolutamente deteriorado e os edificios en ruinas.
É tranquilizante pensar que o día que se interveña na zona (se algún día faise), non poderán derrubar a fachada da fábrica, posto que está protexida por Patrimonio, así se valora a importancia de este ben cultural no que se converteu o que un día foi unha prestixiosa fábrica, a maior de Europa.

1 comentario:

  1. I also wrote an article on a similar subject will find it at write what you think. picbear

    ResponderEliminar