25 dic 2010

Piscina Municipal de Cangas_Penela

autor_Alfonso Penela
situación_Verín-Coiro (ó lado das pistas de atletismo)
presuposto_2 millóns €
inicio das obras_2006
estado_parada dende 2007



O proxecto nace a partires do concurso de ideas convocado polo axuntamento para a construcción dunha piscina municipal en Cangas no ano 2006, e ir completando así o complexo deportivo iniciado coa construcción do estadio de atletismo. Nun principio conta cun presuposto de 1.800.000 €  que finalmente ascende ata os 2 millóns. Este concurso gáñao o arquitecto vigués Alfonso Penela.


Trátase dunha obra formalmente singular que naceu dun plantexamento bastante básico (ó parecer, condición imposta polo concello): recordar a unha balea. Durante algunhas décadas a vila estivo ligada ó tratamento deste animal, de feito contaba cunha baleeira en Massó, e de ahí este paralelismo. Argumento sinxelo que agochaba tras de sí un obxetivo máis forte á vez que persoal; xogar coas formas curvas na arquitectura, espacios interores dinámicos e imaxe exterior icónica. Nunha ocasión o arquitecto dixo, en ton de broma, que por un cambio no material de cubrición "agora parece ter escamas polo que semellábase máis a unha sardiña que a unha balea". Casi mellor. En realidade isto denota que  a imaxe de cetáceo non lle preocupaba demasiado ó propio Penela.

Volumetricamente podemos distinguir dúas zonas formalmente contrarias. Esa diferenciación formal corresponde á súa vez a usos interiores distintos. De esta maneira, a peza curva, elemento máis potente da obra, aloxa os actividades relacionadas coa auga e o ocio (piscinas e cafetería), e a peza rectangular, de cuberta vexetal e máis sobria, recolle as funcións relacionadas co aseo, limpeza e mantemento (vestiarios, instalacións, etc...).

No edificio pódense apreciar influencias e xestos de distintos autores, como é o caso dos panos acristalados e os pilares inclinados que recordan á arquitectura de Enric Miralles, ou o acceso principal, semellante ó que fai Alvaro Siza nas piscinas de Leça de Palmeira (Matosinhos).

Por outro lado decir que as obras levan paradas 3 anos por impago do concello á empresa constructora. Dende aquí gustaríame denunciar este feito, que por un lado priva dun servicio municipal importante, e por outro conduce o deterioro cada vez maior da estructura do edificio realizada ata o momento.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario