15 ago 2012

Esculturas efímeras_ Intervención artística en Massó

Pincha para ampliar

Xa van tres semanas que paseando polos antigos terreos de Massó atopeime cunha manifestación artística un tanto peculiar. Non ten autor nin forma permanente, senón que vaise facendo coas distintas mans de aqueles que visitan o lugar e queiran ser parte, polo que o número de elementos que forman o conxunto vai mudando de maneira continua.  O vento e o mar tamén se suman a esta transformación constante derrubando aquelas pezas que non soporten os seus azotes.
Trátase  dun conxunto de columnas formadas polo amontoamento de pedras no entorno do “muelle roto”, sobre as rochas e cunha estética que recorda ás esculturas de “Man”, aquel alemán solitario de Camelle. Conceptualmente está ligado coas performances e as intervencións artísticas, o tempo é un factor determinante que forma parte da obra que vai crecendo ou decrecendo segundo a vontade da xente e da natureza. Tampouco se busca unha imaxe final acabada, nin sequera que perdure, pode que tan só permaneza en pé uns días. Moita xente non o considera arte, non hai artista... ou se cadra hai moitos, todos os que colocamos dúas pedras unha sobre a outra.


Escultura de Man en Camelle.

Imaxe da primeira visita.



Imaxe tres semanas despois, moito máis poblado de "columnas".




No hay comentarios:

Publicar un comentario