7 ago 2014

"A Roiba" quere vivir !!

"A Roiba", o pequeno refuxio que construíu Molezún nos anos 60 en Beluso, (preme no enlace para ver publicación antiga no blog), e que co paso dos anos convertíuse nunha pequena xoia da arquitectura contemporánea, necesita axuda. Debido aos cambios levados a cabo no litoral (construcción do peirao), as ondas baten contra a casa e están a causar danos importantes na estrutura, que fan urxente unha reparación. Desta forma un grupo de xente promove unha iniciativa de "crowdfunding" ou financiación colectiva para afrontar os primeiros traballos que permitan que este fermoso refuxio siga vivo. 

Xa queda pouco para que remate o prazo, polo que se queres colaborar, podes facelo dende aquí.

13 nov 2013

Bágoas pola Costa da Vela _camiño de estacas


Nun tempo onde os peóns están a recuperalo protagonismo perdido en prol dos coches, na Costa da Vela, declarado “Lugar de Interés Comunitario” dentro da Red Natura 2000, paraxe dunha gran beleza paisaxística e ambiental, danlle prioridade o vehículo!! Días atrás levaron a cabo unha intervención que delimita mediante uns elementos verticais de madeira unidos por unha corda un pequeno camiño de apenas metro e medio de ancho para peóns. Poden vendelo de moitas formas, entre elas a versión oficial conta que a finalidade é protexer as persoas do elevado tránsito no verán, pero a realidade é que relega as peóns a un estreito camiño contra o cantil, cando ata o de agora podíase transitar a pé de maneira cómoda e tranquila por todo o ancho da vía. O absurdo é tal, que se nos atopamos con outros camiñantes de fronte temos que situarnos en ringleira se queremos pasar.

26 sept 2013

Ao rescate da balea_piscina de Cangas

Semella que despois de seis anos varada no barrio de Verín, a balea que Alfonso Penela proxectou e quedou a medio construir, ten datas de reanudación das obras. O propio arquitecto será o encargado de esta fase que daría por rematada a piscina que levan tempo esperando os cangueses. Pero quen sabe se este será o derradeiro capítulo desta historia ... 


Ver noticia Faro de Vigo

23 sept 2013

15 ago 2012

Esculturas efímeras_ Intervención artística en Massó

Pincha para ampliar

Xa van tres semanas que paseando polos antigos terreos de Massó atopeime cunha manifestación artística un tanto peculiar. Non ten autor nin forma permanente, senón que vaise facendo coas distintas mans de aqueles que visitan o lugar e queiran ser parte, polo que o número de elementos que forman o conxunto vai mudando de maneira continua.  O vento e o mar tamén se suman a esta transformación constante derrubando aquelas pezas que non soporten os seus azotes.
Trátase  dun conxunto de columnas formadas polo amontoamento de pedras no entorno do “muelle roto”, sobre as rochas e cunha estética que recorda ás esculturas de “Man”, aquel alemán solitario de Camelle. Conceptualmente está ligado coas performances e as intervencións artísticas, o tempo é un factor determinante que forma parte da obra que vai crecendo ou decrecendo segundo a vontade da xente e da natureza. Tampouco se busca unha imaxe final acabada, nin sequera que perdure, pode que tan só permaneza en pé uns días. Moita xente non o considera arte, non hai artista... ou se cadra hai moitos, todos os que colocamos dúas pedras unha sobre a outra.

17 abr 2012

A Fonte Garrida e a perda de Patrimonio

Unha das rúas da intervención que nunca volverá a ter este aspecto.

Durante anos, en Cangas e noutros puntos con certa historia urbana foise destruíndo sen piedade o patrimonio, vivendas mariñeiras que foron desaparecendo ou no mellor dos casos, mudando a súa imaxe case por completo. Como xa falamos nun artigo anterior, a “casa do patín” podemos considerala unha excepción cando antigamente era unha tipoloxía moi estendida. O máis curioso é que agora semella que todos estamos concienciados en que aquilo foi unha lástima, un auténtico delito, e coincidimos en non volver a facelo...pois non !! Debe ser certo iso de que somos o único animal que tropeza dúas veces coa mesma pedra.

10 ene 2012

O Morrazo e Mobilidade_unha estraña relación.



Os vindeiros Venres 13 e Sábado 14 teremos a oportunidade de participar nas primeiras Xornadas de Mobilidade e Territorio do Morrazo, que terán lugar no Auditorio Municipal de Cangas. [ enlace a páxina das xornadas ]

Pareceume interesante contextualizar a situación en relación a mobilidade que vivimos no Morrazo antes do comezo das xornadas, para animar á cidadanía a participar sabendo certas cuestións clave:

24 oct 2011

Parcheando_reforma das casetas



Un novo capítulo comeza a escribirse na breve pero intensa vida das casetas de pescadores de Cangas. Como xa vimos en anteriores artigos, son un exemplo moi interesante de arquitectura e paisaxe, de obxeto e de aportación urbana como equipamento. Pero tamén ten defectos, máis ou menos relevantes que agora estanse intentando arranxar. O tema dos ruídos, que segundo un estudio realizado por Virocem chegan a acadar picos de 130dB [máis de 70dB por enriba do límite], é o primeiro en buscarlle unha solución. Así, segundo a noticia publicada en Faro de Vigo, contémplaxe a instalación de paneis de policarbonato [por certo, material moi utilizado polos autores] que impida o paso do vento polas celosías, e como consecuencia reduza os niveis sonoros. O custo económico non semella excesivo, esperemos que o estético tampouco. Parches.

11 oct 2011

Concello de Cangas_Noguerol & Díez

autor_Noguerol & Díez
situación_Cangas
ano_1984-1995
premios_
_seleccionada na IV Bienal de Arquitectura Española



Como liña de infantería nunha batalla, ou irmán maior nunha familia numerosa, a Casa do Concello de Cangas tivo que loitar contra as críticas dende a difícil situación de ser a primeira. Parece mentira, pero ata o ano en que se levantou o actual edificio do Concello, ben entrada a década dos 90, non existían construcións modernas de calidade na comarca, salvo pequenas excepcións, como o refuxio de A Roiba, sen apenas impacto na sociedade morracense.


22 ago 2011

Casco vello de Cangas II [a casa do patín]

rúa Antonio Garelly_posiblemente a "casa do patín" máis auténtica que se 
pode encontrar na vila. .

O que nun tempo foi a tipoloxía de vivenda máis repetida da vila, a día de hoxe é case unha excepción. Trátase da chamada “Casa do Patín”, un tipo de casa mariñeira de estética moi particular e característica das Rías Baixas, e sobre todo de Cangas.

6 ago 2011

Casco vello de Cangas I [aproximación]




Este é o primeiro dunha serie de capítulos acerca do casco vello cangués e que servirá de aproximación e contextualización histórica e urbán. 
Trátase dun núcleo histórico de gran interese que durante moitos anos foi sufrindo continuos atentados que deixaron graves feridas no seu rostro, moitas delas incurables. Como caso paradigmático falar da Capela do Hospital, que foi desmontada e desprazada literalmente para levantar, no seu sitio durante séculos, un edificio vulgar promovido pola antiga Caixa de Aforros de Vigo ¡¡ entidade pública !!.
Hoxe en día consérvase a estrutura urbán pero moitas das pezas do puzzle  desvirtúan o conxunto, e dende logo réstanlle valor a un casco vello que podería ser comparable ós máis interesantes núcleos mariñeiros de Galicia como Muros ou Combarro.

14 jul 2011

Onde habita Peter Pan


"Perico quería unha casa nunha árbore. 
Tiña a árbore, de polas fortes e abertas, non era demasiado grande. Un nispareiro precioso, sen dúbida.
O material podíase reciclar, Fulanito podía conseguilo. 
E así foi, sen clavar unha soa punta na árbore, Perico, Fulanito e varios Menganitos foron construíndo aquel desexo ata facelo realidade"

"Perico" ten 29 anos e é arquitecto. Él non sabía cando soñaba coa casa na árbore, que esta sería súa Opera Prima, que firmaría tamén, Peter Pan.

5 may 2011

Cuestión de perspectiva









Sempre me pareceron escusas algunhas das críticas ás casetas. A pesares de ter defectos, e moitos, a miña impresión é que non gustan.. e listo. A pregunta é, ¿por que non gustan?. Pois ben, gústanos o que vemos e coñecemos, o que nunca vimos parécenos estraño, e unha actitude habitual é o rexeite. Os cambios levan un risco que non todo o mundo quere asumir. Como di Punset nunha das súas últimas intervencións, é moi difícil que a xente cambie de opinión, é o que os neurólogos chaman “disonancia”. Polo tanto é difícil que unha sociedade que por certas cuestións culturais e históricas [das que falaremos proximamente] aprecia e valora unha arquitectura vulgar e ostentosa, afincada na pedra e as formas do pasado, sexa capaz de mudar os seus valores. Ante esta situación, a irrupción dunhas casetas sen tellado e de chapa !! [“coma os ghalpóns” diría algún] foi como un elefante nunha cacharrería.
Ante tanta crítica, pensei que podía comprobar se todo o que se dicía era certo. Comprobei que certamente, non sei exactamente como, as casetas fan un ruído moi incómodo cando sopla o vento do sur. Dende logo non estaba plantexado no proxecto, e a solución a descoñezo.
Creo que tamén é certo que existen algunhas goteiras, pero isto en cambio ten fácil solución.
E por último propúxenme comprobar o tema das vistas, posiblemente o máis polémico. Para isto decidín escoller varios puntos de vista dispersos polo frente marítimo cangués que serviran de exemplo claro de como se aprecian as casetas dende o litoral e comprobar o impacto visual real que supoñen para a relación pobo-ría. Co obxectivo de poder contabilizar de algunha maneira este impacto, vamos a valorar cada unha das imaxes segundo a seguinte escala.

5 abr 2011

Escola de baile Chachachá_otravueltadetuerca arquitectura


autor_otravueltadetuerca arquitectura [Olalla Soage Alonso]
situación_rúa Atranco nº 2, baixo. Cangas
ano_2010-2011
premios
_premio GranDeArea de aportación á Arquitectura 2010.


Nun contexto económico como o actual, onde escasean ás iniciativas por falta de recursos e as que van adiante non están sobradas, ter boas ideas non basta. Para que un proxecto arquitectónico marque a diferencia debe nacer da combinación dunha gran idea e poucos cartos. Sen dúbida, este é un valor engadido respecto a proxectos de presupostos elevados onde a cuestión económica non é parte do proceso.